lunes, 20 de junio de 2011

OPINIÓN DE PAULA


O noso viaxe a Barcelona foi exótico divertido e un "pouco" chuvioso. Desde logo pasámolo xenial excepto por unhos chavales moi queixicos.
Fixemos moitas actividades e aparte de coñecer moitos lugares novos tamén fixemos moito exercicio.
Fomos a moitos lugares como: A Sagrada Familia, a Catedral, o acuario, ao zoo, as Ramblas, a Plaza Cataluña, a Plaza España, ao Park Güell, ao Montjuic... e a moitos lugares máis. Nós hospedabamonos no albergue Mare de Deu que era precioso tanto por dentro como por fóra, no albergue dabannos o desayuno e a cena excepto un día que o cambiamos. A min o que mais me gustou e penso que aos meus compañeiros tamén foi a pelicula en 3D que foi un documental sobre os peces e o océano. A min anque chovera pareceume unha viaxe super emocionante.

Espero que vos gustara adeus!

sábado, 18 de junio de 2011

OPINIÓN DE ROSALÍA

Ola!
Son Rosalía.
Pódovos dicir que esta excursión foi unha experiencia moi bonita porque me din conta de que temos unhos alumnos que valen o seu peso en ouro. Dá gusto ir con eles a calquera sitio! En moitos dos lugares que visitamos déronnos a noraboa polo ben que se portaron. Estou moi orgullosa deles!
Para min foi moi bonito poder compartir o meu tempo con todos eles e cos meus compañeiros Estrella e Manu.
Encantaríame poder repetir o ano que ven. Teremos que pedirllo de regalo ós Reis, a ver se nolo cumpre.

viernes, 17 de junio de 2011

OPINION ALVARO


Esta viaxe foi moi divertida. Gustoume todo Barcelona,e fomos en avión!Tamén fomos en tren ata o aeroporto e no aeroporto había moita xente. Barcelona é moi grande. Fomos o parque Guell, ó acuario. O que máis me gustou foi o zoo. Eu dormía con Fran, Ilyasse, Mohamed e Manu.

OPINIÓN DE ANA


Esta excursión foi moi divertida porque aprendemos, observamos e fixemos Educación Física, aparte de que aprendemos un pouco de catalán .Visitamos o zoo, o acuario, paseamos polas Ramblas , plaza Cataluña e vimos o Montjuic.O que máis me gustou foi todo. Non había nada que non me encantara. Para min queixas,o caro que estaba todo pero non me importou xa que todo era impresionante, sobre todo a casa de Gaudí. Vaia casa! e a Sagrada Familia que é unha basílica que aínda faltan 15 anos para que se remate. O albergue era precioso. Dixo Manuel que parecía que era árabe. Era moi bonito. Fomos en metro moitas veces,en avión, so dúas,en tren outras dúas. En autobús urbano fomos dúas veces. Case non houbo imprevistos so as choivas que nos puxeron coma pitos mollados ,pero facía calor.
Tamén había compradoras compulsivas ,Gabriela e Mari sempre estaban con´´Cando podemos comprar?´´.O final paseino xenial. Vimos músicos tocando o saxofón ,a guitarra ,un instrumento que non sabiamos que era. Fomos ao mercado de abastos como o de Santiago so que máis grande. Chamábase La Boquería. O que me gustou foi que había peixes galegos como a vieira ,as ameixas, algunhas troitas,pescadas,ollomol e polbo. Vimos moitas tendas de deporte como Nike ou Adidas, de roupa HM, Carolina Herrera,Mango,Zara....observamos as xentes.
Rosalía comentounos a historia de San Jordi que se ve na casa Batlló no paseo de Gracia. Durmín con Iris,Paula,Ángela,Mari e Alba. Vin a fonte do Barça, as Canaletas. Había moitos kioscos e bares. Foi moi divertido. Volvería sen dubidalo.
Adeus!

OPINION DE CHRISTIAN


O que máis me gustou foi o ZOO e despois a Sagrada Familia. Bueno en verdade o que máis foi ir no avión. O primeiro día fomos ver o Parque Guell e era moi bonito. O segundo día fomos ver a Sagrada Familia e dixéronnos que faltaban 15 anos para acabala. En cada torre había unha fruta. O terceiro día fomos ver o Acuario e fomos o cine no Imax. O cuarto día fomos ver o Castelo de Montjuic. No albergue dormín con Ismael, David ,e Jose Luis. Comemos alí . Bebemos da fonte de Canaletas. Comprei un corazón. O que máis me gustou foi ir no avión.

OPINION DE ISMAEL


Esta excursión gustoume moito porque vimos as cousas máis guapas de Barcelona.
Vimos a Sagrada Familia,e a casa de Gaudi,a plaza Cataluña,as Ramblas eo parque Guell,o Estadio Olímpico. Durmimos no albergue Made de Deu. Eu dormín con Jose, David e Christian. A min gustoume moito a fonte de Canaletas.

OPINION DE FRAN


Gustoume moito a excursión a Barcelona. Fun o zoo e tamén o acuario, a Sagrada Familia, Montjuic e vimos unha película no Imax. Durmiamos no albergue. Era un albergue moi chulo. Vimos dúas casas de Gaudí. Ismael púxose enfermo e tubemos que comprar medicinas.O que máis me gustou foi ir en avión. A Ilyasse empezáronlle a doer os oídos. Fomos o Estadio Olímpico. Entramos dentro e era moi grande. Almorzabamos no albergue e cenamos no albergue dúas veces. Gustaríame volver.

OPINION DE ILYASSE


Esta excursión é chula porque fomos a Barcelona e durmimos nun albergue moi bonito. Fomos no tren, metro e no avión. Cando chegamos fomos o albergue. Despois fomos o Parque Guell. Gustoume moito. O día seguinte fomos a Sagrada Familia. É moi bonita. Pola tarde fomos o zoo e era bonito.O día seguinte fomos ó Acuario.Eu durmín con Manu, Omar, Mohamed e Álvaro .O que máis me gustou foi o zoo e acuario. Tamén vimos as Ramblas e o Estadio Olímpico e a praza de Cataluña. Un día no albergue almorzando tiráronme o leite quente por riba. Vimos o Mar Mediterráneo.

OPINIÓN DE MARI


A min gustoume moito Barcelona. Eu penso que a viaxe foi longa. No avión foi ben pero no tren, iba rápido. Durmín ben no albergue. Fomos a moitos lugares, metro,Parque Güell... O que máis me gustou do terceiro día foi ir as Ramblas. Gustoume toda Barcelona menos que me doéra o pé. Sempre me gustou ir a Barcelona e o meu soño fíxose realidade,(aunque eu sexa do Real Madrid). Ahhh! que non se me esqueza. No zoo déronnos entradas para ir outra vez. Había tamén golfiños que xogaban sen parar. Eu durmín con todas as nenas menos Gabriela. Había unha fonte chamada Canaletas onde celebra o Barsa. Ata sempre Barcelona!Adeus!

OPINIÓN DE MIGUEL


Eu non fun a Barcelona, pero fun a Madrid. O que máis me gustou de Madrid foi o Santiago Bernabeu e o parque de atracións. Estuven cos meus primos na súa casa. Pola comunión da miña prima Carla regaláronlle un móvil e a Wii. Fun ver aos meus tíos en metro. Eles regaláronme unha camiseta de Casillas. Ese día fun con miña nai e cos meus tíos a Faunia (que é como un zoo pero de animales pequenos). Cando estábamos vendo os patos empezou a tronar como eu nunca vira. A miña nai e máis a min asustounos moito. Alí vin pingüinos,culebras,murciélagos,cocodrilos,peixes,monos,avestruces...,
vin todo menos os ponis. O penúltimo día meu primo Diego e eu fomos ao parque xogar ao fútbol e ao cine ver Piratas do Caribe e Mareas Vivas en 3D. O seguinte día pola mañá marchamos co meu tío.
Adeus!

OPINION DE GABRIELA


A min o que máis me gustou foi a Sagrada Familia. Durmimos nun albergue moi bonito. Fomos o zoo e a moitos sitios máis. Eu durmín cas profes Rosalía e Estrella. Fomos en avión. A min gustoume o subir polo ceo. Fomos en tren, en autobús e autobús urbano. Compramos moitas cousas. Vimos a plaza Cataluña. Fomos o parque Guell. Rosalía deunos un caderno para escribir .Desde Montjuic viase a praia. Almorzabamos no albergue. Pola noite das 10 ás 11 eu e Alba xogabamos.
Adeus!

OPINION DE DAVID


Son David.
Esta excursión pareceume moi importante,porque alí vimos moitas cousas como por exemplo a Sagrada Familia o Parque Guell...O que máis me gustou foi o zoo onde había moitas clases de especies.
Nosoutros estuvemos nun albergue onde durmíamos,por certo eu dormia con Jose,Ismael e Christian.
A min gustaríame volver a unha excursión destas porque se aprenden moitas cousas.

OPINIÓN DE CARLOS

Hola son Carlos, eu non fun a Barcelona e tuven que vir o colexio. Cando viñerón os outros,o xoves pola noite viñan moi cansados,entonces o venres non viñeron.

OPINION DE OMAR


Ola son Omar.
O máis bonito da excursión foi o zoo pero tamén fumos ver o Parque Gúell, o acuario. Tamén fumos ver unha película, polas Ramblas, a plaza de Cataluña e na miña habitación dormían Alvaro,Iliase,Fran,Mohamed e Manuel.

OPINION DE ANGELA


A excursión de Barcelona pareceume genial porque aprendín moitas cousas.
Hasta aprendín catalán; pouco pero aprendín. Visitamos o acuario, o zoo, Montjuic,as Ramblas a plaza de Catalunya, a Sagrada Familia etc. Eu pasabol ben sobre todo cando ibamos dormir porque empezabamos a falar. Eu dormia con Paula, Iris, Alba, Ana e Mari. Gabriela viña a veces darnos a lata pero pasabamolo ben con ela. Os outros dias pola mañá sempre apareciamos cas sabanas no suelo aunque outros dias era orrevés nos apareciamos no suelo. No albergue habìa franceses. Mohamed e todos estes metianse con eles sobretodo as chicas dicianlles que Redbull era bueno e señalaba o brazo.
O miércoles pola tarde fumos ver unha pelicula en 3D o malo é que Christian se quedou dormido e non había palomitas. A min gustariame repetilo.

Espero que vos gustara.Adeus!

OPINIÓN MOHAMED


Foi unha excursión expléndida.
Eu aprendin moitas cousas de Gaudí,que me sorprenderon como a súa casa, que tiña uns colores nas paredes e no solo impresionantes. Parecía un bosque esa casa!
No zoo vimos unha serie de animais e un espectáculo de delfíns fabuloso.
A Sagrada Familia deixoume alucinado,tiña por ahora 8 torres e van ser 18 torres.O Parc Güell era chulísimo uns colores tan bonitos que naide o imaxinaría.
Eu querería volver outra vez para Barcelona aunque as cousas non son baratas,e por certo que vos quede claro que me gustou todo.


Eu Reecomeeéndovolo a todos que vaiades!

OPINION DE JOSE



Ola! son Jose Luis
A min pareceume moi divertida porque aprendemos moitas cousas,e tamén fomos ver cousas moi importantes como Sagrada Familia o parque Guell, Montjuic e a parte vella da cidade de Barcelona. A min o que máis me gustou foi ir ver o zoo, tamén me gustou ver a Sagrada Familia.
E cando chegou a noite estabamos un rato de pe.

OPINION DE ALBA


Ola a todos vos!. Son Alba. Neste texto vouvos contar o que me pareceu a excursión a Barcelona.
Esta excursión pareceume moi bonita.
Paseino moi ben o que máis me gustou foi o zoo, porque había moitos animais e tamén unha pantera negra e eu nunca vira unha tan bonita. Non paraba quieta. Ao mellor era que nos tiña medo porque íamos todos falando.Os leóns,os guepardos e os tigres tamén estiveron moi ben. Había unha xirafa que collía algo de comida de fóra do seu territorio,poñíase a comela e volvíalle a caer .Alí tamén vimos buitres,elefantes,hipopótamos,tortugas, osos,e un montón de animais máis. A min gustoume moito.Tamén estivo moi ben o acuario no que vimos crocodilos e moitos máis peixes moi bonitos. Fomos ao parque GÜell no que vimos un lagarto na entrada e os bancos eran moi bonitos. A Sagrada Familia foi unha das cousas que vimos que me gustou. A chica que nos explicou cousas sobre a Sagrada Familia díxonos que cando estuvera rematada iba ter 18 torres. Tamén nas paredes e na entrada vimos figuras de persoas e animais.A min gustaríame volver porque me pareceu un sitio moi bonito. O que non me gustou foi que cando saímos de ver o espectáculo dos delfíns estaba chovendo e aínda nos faltaban por ver os leóns,os guepardos e os tigres e hasta que parara de chover non os podíamos ir ver.

Aquí acaba a miña opinión.

Adeus.

OPINION DE IRIS


Hola son Iris.

A excursión de Barcelona pareceume unha excursión moi interesante porque aprendimos moitas cousas. A pesar de todo pasámolo moi ben. Iso digo porque non tuvemos moi bo tempo.

O que máis me gustou de toda a excursión foi o zoo; ver tantos animais e ademais a maior parte nunca os viramos. O que menos ver que solo habia cousas do Barcelona para comprar.

Eu non cambiaría nada do que fixemos.

Encantaríame volver.
Unha cousa que tamen me gustou moito foi o acuario ,ver todos eses animales acuáticos ,o que máis me sorprendeu foron os tiburois;eran moi sorprendentes.

Adeus!

BENVIDA

Ola a tod@s! Aquí estamos de novo para contarvos como foi a nosa experiencia en Barcelona. Imos darvos a nosa opinión cada un de nosoutros. Deixade o voso comentario.