viernes, 17 de junio de 2011

OPINION DE ALBA


Ola a todos vos!. Son Alba. Neste texto vouvos contar o que me pareceu a excursión a Barcelona.
Esta excursión pareceume moi bonita.
Paseino moi ben o que máis me gustou foi o zoo, porque había moitos animais e tamén unha pantera negra e eu nunca vira unha tan bonita. Non paraba quieta. Ao mellor era que nos tiña medo porque íamos todos falando.Os leóns,os guepardos e os tigres tamén estiveron moi ben. Había unha xirafa que collía algo de comida de fóra do seu territorio,poñíase a comela e volvíalle a caer .Alí tamén vimos buitres,elefantes,hipopótamos,tortugas, osos,e un montón de animais máis. A min gustoume moito.Tamén estivo moi ben o acuario no que vimos crocodilos e moitos máis peixes moi bonitos. Fomos ao parque GÜell no que vimos un lagarto na entrada e os bancos eran moi bonitos. A Sagrada Familia foi unha das cousas que vimos que me gustou. A chica que nos explicou cousas sobre a Sagrada Familia díxonos que cando estuvera rematada iba ter 18 torres. Tamén nas paredes e na entrada vimos figuras de persoas e animais.A min gustaríame volver porque me pareceu un sitio moi bonito. O que non me gustou foi que cando saímos de ver o espectáculo dos delfíns estaba chovendo e aínda nos faltaban por ver os leóns,os guepardos e os tigres e hasta que parara de chover non os podíamos ir ver.

Aquí acaba a miña opinión.

Adeus.

No hay comentarios:

Publicar un comentario