viernes, 17 de junio de 2011

OPINIÓN DE ANA


Esta excursión foi moi divertida porque aprendemos, observamos e fixemos Educación Física, aparte de que aprendemos un pouco de catalán .Visitamos o zoo, o acuario, paseamos polas Ramblas , plaza Cataluña e vimos o Montjuic.O que máis me gustou foi todo. Non había nada que non me encantara. Para min queixas,o caro que estaba todo pero non me importou xa que todo era impresionante, sobre todo a casa de Gaudí. Vaia casa! e a Sagrada Familia que é unha basílica que aínda faltan 15 anos para que se remate. O albergue era precioso. Dixo Manuel que parecía que era árabe. Era moi bonito. Fomos en metro moitas veces,en avión, so dúas,en tren outras dúas. En autobús urbano fomos dúas veces. Case non houbo imprevistos so as choivas que nos puxeron coma pitos mollados ,pero facía calor.
Tamén había compradoras compulsivas ,Gabriela e Mari sempre estaban con´´Cando podemos comprar?´´.O final paseino xenial. Vimos músicos tocando o saxofón ,a guitarra ,un instrumento que non sabiamos que era. Fomos ao mercado de abastos como o de Santiago so que máis grande. Chamábase La Boquería. O que me gustou foi que había peixes galegos como a vieira ,as ameixas, algunhas troitas,pescadas,ollomol e polbo. Vimos moitas tendas de deporte como Nike ou Adidas, de roupa HM, Carolina Herrera,Mango,Zara....observamos as xentes.
Rosalía comentounos a historia de San Jordi que se ve na casa Batlló no paseo de Gracia. Durmín con Iris,Paula,Ángela,Mari e Alba. Vin a fonte do Barça, as Canaletas. Había moitos kioscos e bares. Foi moi divertido. Volvería sen dubidalo.
Adeus!

No hay comentarios:

Publicar un comentario